lunes, 25 de enero de 2010

O CANON GREGO E OS PITAGÓRICOS

En esta nova entrada, analizaremos diferentes obxectos segundo os criterios do canon grego e os pitagóricos.
A primeira lista de obxectos que analizaremos é esta serie de oito vasillas gregas.
Analizándoas segundo o canon grego, que se empregaba como regulador das proporcións en arquitectura, escultura e nas vasillas. Trátase dunhas pautas e formas que lle garantían ao artista a perfección.
Desta serie podemos dicir que están fundadas no principio do cadrado, unha proporción de 1:1 entre anchura e altura, figura perfecta para os gregos, xunto cos triángulos e os círculos, figuras xeométricas simples. Tamén con respecto a isto podemos sinalar a proporción triangular entre as esquinas e o centro da base das vasillas. Tamén observamos que todas as vasillas son completamente simétricas con respecto a un eixo central e, ademais posúen todas un par de asas, ben circulares ou semicirculares, ao igual que a base e a abertura superior, máis estreitas que o resto do corpo. Por último sinalar as formas curvas das siluetas de toas as vasillas.


O segundo obxecto que analizaremos será unha lata de coca - cola, un obxecto actual, segundo a opinión dos pitagóricos. Para esta comunidade fundada por Pitágoras, eran dúas as principais ideas de estética: a música e a proporción e medida. A que aquí nos afecta é a segunda, e con respecto a isto dicir que para eles, a esencia de todas as cousas son os números, e que a armonía é significado de orde e boa proporción. Para unha lata de coca - cola, podemos dicir que é un obxecto proporcional nas súas medidas, é dicir, o radio da súa base é a metade da súa altura, e ademais podemos afirmar que a simetría da súa silueta se forma en base a un eixo central.


E por último, escollín esta serie de botellas de aceite, un obxecto de uso común que podemos atopar en calquera casa. Para empezar, analizamos o seu tamaño, habitualmente escóllense botellas de un litro, cunha medida máis ou menos estándar duns 25 ou 30 centímetros. Xeralmente, as botellas de aceite son redondas, e alongadas, cun estreitamento pouco máis por encima da metade, para facilitar a suxeición da mesma. Para finalizar, destacar a apertura da botella, moito máis estreita que o corpo do recipiente e tamén circular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario